Por Nuestro Faro denuncia ante a Fiscalía as limitacións na entrada a Illa Pancha

O colectivo argumenta que veciños e visitantes deberían ter acceso libre e critican o "silencio" do Concello de Ribadeo

Faro de Illa Pancha. AXM

O colectivo ribadense Por Nuestro Faro denunciou ante a Fiscalía as restricións no acceso a Illa Pancha, que “so pode ser visitada polos usuarios dos apartamentos turísticos”.

A agrupación explica que achegou ao Xulgado de Mondoñedo “documentos técnicos oficiais tanto do Concello como da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao” que mostran que “a porta da illa debería estar aberta para o libre acceso de veciños e visitantes”, entre eles, “a licenza concedida á empresa en decembro de 2017″.

“SEN RESPOSTA” DO CONCELLO

O colectivo explica que formalizou a denuncia o luns 24 de xuño despois de poñer a situación en coñecemento do Concello. Neste senso, lembran que “notificaron os feitos por escrito en dúas ocasións, o 11 de abril e o 8 de maio” sen recibir resposta.

Por Nuestro Faro engade que tiveron que “recurrir á Valedora do Pobo” para acceder ao expediente de concensión da licenza despois de que “o alcalde se negase a autorizar a consulta do expediente durante cinco meses”.

A asociación ribadense, que naceu en 2015 cando a Autoridade Portuaria aprobou o uso hoteleiro do faro, vén criticando a “privatización do espazo e do patrimonio público”.

1 COMMENT

  1. Esta é a política que vai levar adiante Agora Repúblicas BNG ?
    Favorecer os intereses privados contra a defensa da nosa terra?

    En Vigo o PSOE de Abel Caballero non moveu un papel en 12 anos, cicais porque agora a presidenta da Deputación de Pontevedra (Carmela Silva que pactou co BNG) vive na illa de Toralla ?

    Estamos fartos de que nos tomen por parvos !!!
    https://flic.kr/p/fcf84J

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here